Talleres

Como medio para dar resposta ás necesidades educativas que expón cada persoa usuaria, puxéronse en marcha unha serie de talleres baixo a supervisión e coordinación do Equipo Directivo e impartidos polo voluntariado que colabora no Fogar, cuxa labor é inestimable. A súa finalidade é recuperar e/ou desenvolver as habilidades persoais e sociais das mulleres. Considérase de gran importancia o traballo diario a través dos mesmos a fin de frear a deterioración física e/ou mental dalgunhas persoas usuarias, e para favorecer a inclusión sociolaboral doutras.

Ofréceselles unha gran variedade de talleres para tratar de responder aos distintos intereses e necesidades das persoas usuarias.

Nos meses de verán paralízase a actividade dos talleres habituais e organízanse outras actividades máis distendidas: saídas á praia, excursións, concertos, etc.

O número de talleres así como a tipoloxía dos mesmos vai variando ao longo dos anos e do perfil de usuarias que, nun momento determinado, existe no Fogar.

Por outra banda, como actividades propias do centro tamén se contemplan saídas culturais e actividades de lecer fose do mesmo co acompañamento e participación directa de voluntarios e/ou persoal do Fogar. Os obxectivos que se pretenden con estas accións van desde a aprendizaxe da ocupación do lecer e tempo libre.

 

CURSO 2017/2018:

  • Procura de emprego
  • Psicoloxía positiva
  • Inglés
  • Sendeirismo urbano
  • Barbería e estética
  • Teatro
  • Cultura xeral
  • Coidado da alma
  • Recreación
  • Autoconocimiento
  • Gramática e cálculo
  • Valores humanos
  • Memoria
  • Habilidades sociais
  • Baile
  • Manualidades

Como complemento aos talleres desenvoltos no Fogar, tamén están a acudir un grupo de usuarias a unha actividade de Fitness, enmarcada dentro do programa Esforza Inverno da Fundación María José Jove. Ademais, as persoas usuarias que o desexan poden asistir a un taller de cociña organizado polo cociñeiro do Fogar, ás que instrúe nas técnicas culinarias de elaboración dos menús que se preparan no centro. Doutra banda, as usuarias acoden a un taller especial para a aprendizaxe da realización de tarefas domésticas. Estes ensinos resultarán moi beneficiosas cando comecen a súa vida autónoma, e aumentarán as súas posibilidades de empleabilidad.