Financiamento

 

Existen tres formas de financiamento:

  • A través de subvencións públicas (Unión Europea, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Concello da Coruña) e privadas (a Caixa,  Fundación Familia Naveyra Goday…)
  • A través de cotas periódicas e achegas puntuais de particulares.
  • A través de ingresos propios: o 75 % da contía de as pensións e/ou prestacións que percibe cada persoa usuaria.

COLABORAN NO NOSO PROXECTO: “ACOLLIDA DE MULLERES SEN FOGAR”:

 

 

 

O Concello da Coruña, mediante a firma dun convenio, contribúe ao financiamento dunha traballadora social a tempo parcial e outros gastos de funcionamento da entidade, que este ano serán os gastos de combustible para a calefacción.

 

 

SUBVENCIÓN DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL COFINANCIADA PARCIALMENTE POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL:

En outubro de 2017, recibimos resolución da Consellería de Política Social de la Xunta de Galicia pola que se concede á Fundación Fogar Santa Lucía unha subvención de 1.499,32 € para a adquisición de tres equipos informáticos e dúas antenas wifi, da que se beneficiarán cada ano trinta persoas usuarias do Fogar. Esta actuación está subvencionada nun 80% polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no programa operativo de Galicia 2014-2020, con encaixe no Obxectivo Temático 9: “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de descriminación” . Con este equipamento, o Fogar está en disposición de ofrecer ás usuarias os medios técnicos adecuados en informática, que aumentarán as súas posiblidades de empleabilidad.