O noso fogar
O Fogar Santa Lucía es una casa de acollida básica, en funcionamento desde 1996, dirixido a mulleres sen fogar, de calquera ideoloxía, cultura e/ou relixión, que non conten co soporte familiar necesario nin dispoñan dos recursos económicos e sociais suficientes para asegurarse unha vida digna. Ten como finalidade ofrecerlles os recursos necesarios para cubrir as súas necesidades básicas, posibilitando así a súa recuperación e estabilidade persoal para a súa inclusión na sociedade e/ou na vida laboral.
HISTORIA
Nace o 26 de abril de 1996, na Parroquia Santa Lucía de A Coruña. Ao impulso da Palabra de Deus, un grupo de mulleres decide dar vida a esa Palabra e empezan por alugar unha casa en Borroa, Arteixo (A Coruña), para acoller a mulleres sen fogar. Inician o seu traballo albergando a unha muller da parroquia á que moi pronto se uniron outras. En novembro de 1998, inaugurouse o novo Fogar, na zona de Bens (A Coruña), que conta con 18 prazas individuais, grazas á axuda de distintas entidades e moitos particulares, que aínda hoxe, ségueno mantendo
Por decisión do Padroado da Fundación Fogar Santa Lucía, a partir de xullo do 2000, buscando a continuidade da Obra, o Fogar pasa a ser xestionado pola Congregación de Misioneiras Escravas do Inmaculado Corazón de María.