VISITA AO CEIP DE VILARMIDE

O pasado 9 de marzo, a directora, a administrativa e dúas das nosas usuarias tivemos a sorte de visitar o colexio de Vilarmide – Muxía (A Coruña) para compartir co seu alumnado o labor que realizamos desde o Fogar e a experiencia das nosas usuarias. As usuarias puideron contar a súa historia e responder ás…

Grazas CEIP Vilarmide

🎄✨ O Nadal sabe mellor cando se comparte ✨🎄 Por segundo ano consecutivo, o CEIP Vilarmide de Muxía quixo colaborar co Fogar Santa Lucía, doando turróns e outros alimentos de Nadal que axudaron a facer destas festas unha época máis cálida e especial para todas. Ademais, cada unha das nosas usuarias recibiu un pequeno agasallo…

Colaboración con Fundación Mapfre

Estas festas queremos dar as grazas á Fundación MAPFRE pola súa fermosa colaboración co Fogar Santa Lucía. Grazas á súa implicación e ao compromiso das súas voluntarias e voluntarios, púxose en marcha unha campaña de recollida de roupa, produtos de hixiene e limpeza, tan necesarios no noso día a día. Ademais, compartimos unha experiencia moi…

SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2025

    Neste ano 2025 a Deputación da Coruña concedeu ao Fogar Santa Lucía unha subvención por importe de 14.625 euros, para financiar unha parte dos gastos de mantemento do Fogar. Sen esta axuda non poderíamos seguir adiante. ¡Moitísimas grazas!     Beneficiario: FUNDACION HOGAR DE SANTA LUCIA Obxecto: EOR-3: CENTRO DE ACOLLIDA BÁSICA HOGAR…

¡Estreamos sofás novos no Fogar!

Queremos compartir con vós unha boa nova: ¡xa temos sofás novos! Puidemos renovar 5 sofás que xa estaban bastante deteriorados polo uso diario, e agora a nosa sala de estar e a de obradoiros lucen moito máis cómodas e acolledoras. Esta mellora foi posible grazas á subvención FOIE da Deputación da Coruña, que nos concedeu…