O Concello da Coruña e a Fundación Hogar Santa Lucía, volveron a renovar en 2025, o seu convenio de colaboración para o finanzamento dun posto de traballadora social e outros gastos de funcionamento da entidade, por importe de 35.000 €.
A través deste convenio de colaboración, o Concello da Coruña contribúe a reforzar así a atención integral ás mulleres sen fogar e/ou en risco de vulnerabilidade.
No noso centro, as traballadoras sociais desenvolven unha labor fundamental: acompañan, orientan e apoian ás mulleres acollidas, facilitando procesos de inclusión social e/ou laboral, e axudando, xunto co resto do personal, na recuperación da sua autonomía e recuperación integral.
O seu traballo vai máis alá da intervención técnica, construíndo vínculos de confianza, ofrecendo espazos seguros onde poder expresarse e apoiando na adquisición de ferramentas para afrontar novas etapas de vida que están por chegar.
Este convenio supón un paso máis no compromiso co benestar social e na creación dunha rede de apoio sólida para quen máis o precisa.
Seguimos traballando por unha sociedade máis xusta e inclusiva












