O pasado 9 de marzo, a directora, a administrativa e dúas das nosas usuarias tivemos a sorte de visitar o colexio de Vilarmide – Muxía (A Coruña) para compartir co seu alumnado o labor que realizamos desde o Fogar e a experiencia das nosas usuarias.
As usuarias puideron contar a súa historia e responder ás moitas preguntas que os nenos e nenas lles formularon con moita curiosidade e interese. O encontro resultou moi especial.
Desde hai dous anos este colexio acóllenos no Nadal. As familias e o alumnado preparan, con moitísimo cariño, agasallos para as nosas usuarias: roupa, doces, produtos de aseo e unhas fermosas postais confeccionadas por eles mesmos.
Un xesto que seguimos agradecendo profundamente e esperamos que se repita ano tras ano.
Queremos dar as grazas a Luisa, directora do centro, e a todo o profesorado por educar en valores, solidariedade e respecto cara ás persoas máis vulnerables.
Un colexio pequeno, moi familiar… e cun corazón enorme. 💜









