Esta Nadal foi aínda máis especial grazas a unha fermosa iniciativa de intercambio de postais entre as usuarias do Hogar Santa Lucía e un grupo de persoas traballadoras de Zara Loxística.
Desde o Hogar, as nosas usuarias enviaron tarxetas de felicitación do Nadal personalizadas nas que compartían parte da súa historia de vida e como pensaban pasar estas festas. Xunto a cada carta, prepararon con ilusión un pequeno adorno de Nadal pensado especialmente para a persoa que o recibiría 🎁✨
Uns días máis tarde, a emoción regresou multiplicada: as persoas traballadoras de Zara Loxística responderon con postais tamén personalizadas para cada usuaria, acompañadas dun agasallo moi especial.
Na Noiteboa, palabras coidadas, xestos sinceros e moita humanidade viaxaron de man en man ✨💌
Foi unha actividade fondamente enriquecedora, que permitiu crear lazos de unión e proximidade, demostrando que a comunidade se constrúe a partir de historias compartidas e tempo dedicado ás demais persoas 🤍
Porque ás veces, unha simple postal pode cambiar moito máis do que imaxinamos ✨


















