Queremos compartir con vós unha boa nova: ¡xa temos sofás novos!
Puidemos renovar 5 sofás que xa estaban bastante deteriorados polo uso diario, e agora a nosa sala de estar e a de obradoiros lucen moito máis cómodas e acolledoras.
Esta mellora foi posible grazas á subvención FOIE da Deputación da Coruña, que nos concedeu un importe de 2.920,00 € para poder facer esta compra.
Agradecemos enormemente esta axuda, que sen dúbida mellora o día a día de todas as persoas que viven no Fogar.
Agora toca gozar do descanso como se merece!
FOIE: PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA INVESTIMENTOS EN SERVIZOS SOCIAIS NO ANO 2025
Beneficiario: FUNDACIÓN HOGAR DE SANTA LUCÍA
Obxecto: EOR-3: CENTRO DE ACOLLIDA BÁSICA HOGAR SANTA LUCÍA (INVESTIMENTO)
Importe subvencionado: 2.920,00 €
Coeficiente de financiamento: 0,8000
Importe a xustificar: 3.650,00 €

















