Skip to content
Hogar Santa LucíaHogar Santa Lucía
Hogar Santa Lucía
Fundación Hogar Santa Lucía
  • Inicio
    • Novas
    • Fundación
      • Identidade
      • Finalidade
      • Obxetivos
      • Organigrama da fundación
  • O noso fogar
    • Perfil das usuarias
    • Estrutura organizativa
    • Metodoloxía de intervención
    • Financiamento
    • Instalacións
  • Actividades
    • Formativas
    • Celebracións festivas e outras
    • Saídas recreativas e culturais
  • Galería de fotos
  • Publicacións
    • Memoria económica
    • Memoria de actividades
    • Folla informativa
  • Colaboracións
    • Achega financeira
    • Outras achegas
  • glGalego
    • esCastellano
Facebook
  • Inicio
    • Novas
    • Fundación
      • Identidade
      • Finalidade
      • Obxetivos
      • Organigrama da fundación
  • O noso fogar
    • Perfil das usuarias
    • Estrutura organizativa
    • Metodoloxía de intervención
    • Financiamento
    • Instalacións
  • Actividades
    • Formativas
    • Celebracións festivas e outras
    • Saídas recreativas e culturais
  • Galería de fotos
  • Publicacións
    • Memoria económica
    • Memoria de actividades
    • Folla informativa
  • Colaboracións
    • Achega financeira
    • Outras achegas
  • glGalego
    • esCastellano

San Xoán enche de tradición e alegría o noso fogar.

Xuñ262025
NovasSin categorizar

Despois do fin de semana, chegou o luns de véspera de festivo na nosa cidade, onde o noso fogar se vestiu de festa para celebrar a tradicional festividade de San Xoán, unha das celebracións máis arraigadas na nosa cultura.

Tanto usuarias como traballadoras participaron nas actividades que incluíron charla, churrasco, xogos de mesa, música, buscando unha forma de honrar a chegada do verán e a historia de San Xoán Bautista.

A mañá comezou coa charla de Orgullo Galego, unha plataforma dixital que promove a cultura e a lingua galega, facendo charlas de divulgación sobre tradicións e días celebrados e sinalados como importantes na comunidade de Galicia.

Continuamos a mañá, coa elaboración do noso cubo con auga e as herbas típicas de San Xoán que previamente nos citou Borxa de Orgullo Galego na charla. Mentres, a traballadora social foi a encargada do asado da carne na nosa terraza, mentres as usuarias se refrescaban con algúns xogos de auga.

Chegou a hora da comida, onde nos sentamos á mesa tanto traballadoras como usuarias para gozar do asado, aproveitamos a ocasión para celebrar o aniversario do noso cociñeiro durante o postre. Ao rematar a comida, trasladámonos de novo á terraza, á sombra da nosa sombrilla, a xogar ao bingo con premios incluídos.

Sobre as 19:30 horas, 4 usuarias e 2 educadoras desprazáronse ao meollo da festa, nas praias de Orzán e Riazor, para contemplar as fogueiras, a música dos bares, cear nos postos da rúa e, finalmente, ás 00:00 horas, ver a queima da falla e os fogos artificiais. Sen dúbida, San Xoán volveu a demostrar ser unha data especial para fortalecer os lazos comunitarios e manter vivas as nosas tradicións.

 




 

FacebookFacebook
Category: Novas, Sin categorizarBy Hogar Santa Lucia26th Xuño 2025

Author: Hogar Santa Lucia

Post navigation

PreviousPrevious post:¡Estreamos sofás novos no Fogar!NextNext post:Visita ao Museo Didáctico de Telecomunicacions

Related posts

O imposible farase
10th Xuño 2026
Unha tarde de cine para disfrutar xuntas
10th Xuño 2026
Convenio de colaboración 2025 co Concello da Coruña
30th Abril 2026
VISITA AO CEIP DE VILARMIDE
13th Marzo 2026
✨ Visita á Inauguración do Obradoiro de Identidades 2025 ✨
12th Xaneiro 2026
🎄💌 Cando unha postal se converte nunha ponte 💌🎄
2nd Xaneiro 2026
Buscar
Visita a nosa congregación

Misioneras Esclavas
del Inmaculado Corazón de María
A nosa páxina en Facebook
Onde estamos

Pulsa sobre a imaxe para ver situación
43°21'28.6" N
08°26'27.3" W
  Páxina web optimizada para IE10, IE11, Firefox, Safari, Chrome e Edge  

Fundación Hogar Santa Lucía
Ctra. de Visma a Mazaído, 129 - 15011 A Coruña
T. 981 142 808 / info@hogarsantalucia.org
Aviso legal