No Fogar Santa Lucía seica estamos preparadas para recibir o Entroido do ano 2024. Por iso, este ano, realizamos, por primeira vez, unha actividade preparatoria, para desenvolver na semana previa as festa, coa que tanto usuarias como equipo educativo e persoal, imolo pasar en grande.
“Os mandadiños do Meco” consisten nunha serie de retos o tarefas a desenvoler durante toda a semana, e son pedidas polo boneco “o Meco”. Cada día da semana, ten un novo reto, e máis vale cumplirlo, ou falcatruadas varias podería facerte este persoaxe.
Para representar ao Meco, usuarias e equipo educativo realizaron un boneco a tamaño real, con prendas de ropa antigas e unha careta que se persoalizou cunha peluca, gorro, e algún que outro detalle máis.
¿Que vos parece noso Meco persoalizado? As rapazas non parecen que lles de moito respeto, de momento…

