Como cada ano, en este 2022, a Deputación da Coruña volve a colaborar co noso Fogar no proxecto: “Acollida de mulleres sen Fogar” no marco da convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de centros de servizos sociais no ano 2022. A Deputación concedéulle ao Fogar Santa Lucía 25500 euros para necesidades básicas, persoal e outros gastos de mantemento do centro imprescindibles para levar a cabo a nosa misión. Moitísimas grazas.