Seguindo as recomendacións do Ministerio de Sanidad, e da Consellería de Sanidade, o Fogar Santa Lucía voltou a ofrecer unha charla informativa sobre o virus SARS-CoV-2. O obxectivo desta sesión informativa, é dotar de información veraz e contrastada ás residentes, a fin de previr conductas de risco que poidan provocar un contagio polo coronavirus.
A esta charla, impartida pola traballadora social, acudiron as dezaseis usuarias que na actualide residen no Fogar e tratáronse os seguintes temas: características principais do novo coronavirus, sintomatoloxía, persoas con perfil de risco, medidas para evitar o contaxio, recalcando a necesidade de realizar unha boa hixiene respiratoria e de mans, así como manter a distancia social de metro e medio. Asemade, instouse a buscar información en fontes oficiais, evitando dar crédito ás famosas “fake news” que hoxe en día encóntrase nas redes sociáis, como facebook o whatsapp.