Dende finais do século XIX, o Día da Muller celébrase o 8 de marzo, en memoria daquelas mulleres que morreron queimadas nunha fábrica de Nova York por pedir condicións máis dignas no seu traballo.
Durante a revolución industrial, as mulleres uníronse ao traballo das fábricas e comezaron a gañar o seu propio diñeiro. Este feito constituíu para elas a oportunidade de abandonar o ámbito doméstico.
Comezou a sentir que tiña voz na sociedade e que esa voz debería escoitarse. A partir de aí, xurdiron os movementos de mulleres e aos poucos e ao longo da historia, fomos adquirindo dereitos, con moito esforzo por parte dalgúns grupos de mulleres. Tamén xurdiron os primeiros movementos feministas que, ao contrario do que se cre, non defenden a superioridade das mulleres sobre os homes, senón que promoven a igualdade.
Este día conmemora a loita das mulleres pola súa participación, en pé de igualdade cos homes, na sociedade e no seu pleno desenvolvemento como persoa.
No Hogar de Santa Lucía quixemos conmemorar o Día Internacional da Muller realizando unha pequena exposición sobre a historia deste día especial e, posteriormente, mantivemos un debate sobre as mulleres máis relevantes do movemento feminista. Finalmente, realizamos un mural coa biografía das 19 mulleres escollidas para esta actividade. Este mural está presente nas nosas instalacións ao longo do mes de marzo.
Esta actividade contou coa participación de 10 usuarios, a administradora e a traballadora social.