O pasado luns, 24 de febreiro, tivo lugar a festa de celebración do Entroido no Fogar. Este ano, a temática do disfraz foi a cultura “Hippie”, polo que tanto usuarias como o personal, customizaron os seus disfraces, baseandose neste movemento.
Todas comenzaron a prepararse cedo, porque a ocasión o merecía. A festa comenzou cun “photocall”, no que utilizamos unha furgoneta hippie que foi pintada e decorada na celebración do Día Internacional da Paz. De seguido, participaron nunha serie de xogos, con dinámicas de grupo. Posteriormente, realizouse un concurso de Karaoke e a festa rematouse cunha sesión de baile improvisado.



















