O pasado 21 de novembro once usuarias do Fogar Santa Lucía, acompañadas pola traballadora social, visitaron o Museo de Arte Contemporánea da Fundación Naturgy, na Coruña, para realizar unha actividade en colaboración coa entidade Adapta Social. Neste día, tivemos a oportunidade de visitar a colección “ Drift: miradas cruzadas entre deseño e arte contemporáneo”. Os nosos guías particulares, Nadia, Dani e Ana, mostráronnos unha exposición de imaxes e de formas sobre como a arte e o deseño habitan nun lugar común. As usuarias quedaron encantadas coa visita e con moitas ganas de repetir, para continuar aprendendo máis sobre a arte contemporánea.